GALEGO | ENGLISH | ESPAÑOL

CORT_0497

ABAU/2016-2017/CD13/xuño/32

Writing year2017
Student level2º de Bacharelato
Commission13
Examination dateXuño
Text typeArgumentativo
SubjectLingua e literatura galegas
TopicConsumo e produción
Number of words295
Number of lemmas132
Lexical density45
Number of sentences14
Average of words per sentence21.07
Number of words in the longest sentence37
Number of words in the shortest sentence8
Number of paragraphs5
Average of sentences per paragraph2.80

Javascript seems to be turned off, or there was a communication error. Turn on Javascript for more display options.

O consumo hoxe en día é un factor importante na nosa vida diaria, xa que todos os días consumimos unha certa cantidade de produtos. Moitas veces, a diferencia dos tempos de antes, a xente de agora consume produtos máis por capricho que por necesidade. Un exemplo claro témolo na casa cos nenos, teñen videoconsolas e videoxogos que realmente son innecesarios para poder vivir.

Debido ao elevado consumo na sociedade actual, é necesario producir moito. Cómpre que haxa á venda produtos de todo tipo, tanto caros coma baratos, é dicir, que estean adaptados a todo tipo de presupostos, xa que hai xente que non se permite o luxo aínda que poidan pagalo. O consumo afecta directamente á productividade, polo tanto as empresas que producen bens e servizos deben estar ao tanto en todo momento das necesidades dos seus clientes. A importancia do consumismo é clara e é a clave da sociedade actual.

En calquera sitio ao que nós vaiamos imos atopar algún lugar onde gastar os cartos e onde consumir xa sexa un produto, ou un servizo que necesitamos. A xente de hoxe en día non se limita a consumir o que necesita senón que tamén pagan servizos ou calquera outra actividade que realmente é indispensable. Soamente o fan co obxectivo de satisfacer calquera insaciable gusto.

Por iso, a produtividade é tan importante ou máis ca o propio consumo. É certo que se non hai consumidores de nada lles serve aos produtores fabricar produtos, pero se non se elaboran tampouco sería posible satisfacer aos clientes. Debe haber un equilibrio entre consumismo e produtividade.

Como conclusión, decir que na sociedade de hoxe en día o consumismo e a produción son factores moi importantes, e xa se manifestaron na nosa vida diaria como algo cotidián e necesario.


Legenda:

Lectura difícilTexto borrado Texto engadido


Download current view as TXT