GALEGO | ENGLISH | ESPAÑOL

CORT_0575

ABAU/2016-2017/CD16/xuño/22

Writing year2017
Student level2º de Bacharelato
Commission16
Examination dateXuño
Text typeArgumentativo
SubjectLingua e literatura galegas
TopicConsumo e produción
Number of words250
Number of lemmas133
Lexical density53
Number of sentences9
Average of words per sentence27.78
Number of words in the longest sentence52
Number of words in the shortest sentence10
Number of paragraphs5
Average of sentences per paragraph1.80

Javascript seems to be turned off, or there was a communication error. Turn on Javascript for more display options.

Na actualidade vivimos nun mundo moi globalizado, onde son moitos os avances tecnolóxicos que se poden empregar para o desenvolvemento de actividades que nos favorezcan. Así, un dos principais usos destas novas tecnoloxías é a mellora da produción e da productividade.

Hoxe en día, os individuos consideran a compra de diversos produtos como un elemento de importancia vital nas súas vidas. Así, dedícanse a mercar e mercar sen importar as consecuencias. Pódese atopar con moita frecuencia xente que consume todo tipo de produtos por estar á moda, aínda que verdadeiramente non lle guste a cousa que está a mercar; ou simplemente porque considera que se compra un elemento de marcas recoñecidas a nivel internacional será considerado como unha persoa influínte, de gran poder.

Os grandes gañadores de todo este enorme consumismo son claramente as multinacionais, que se adican á produción de todo tipo de elementos, un tempo moi curto para sacalo ao mercado ráapidamente e obter igual de rápido beneficios.

O que non se ten en conta en moitas ocasións é que detrás desa excesiva produción pódese atopar xente sometida a pésimas condicións de traballo, nenos que son explotados... e neste momento, xa non estaríamos a falar do problema de consumidores compulsivos, senón que tamén entrarían en xogo o respecto dos valores humanos.

Na miña opinión deberíamos facer unha análise desta cuestión, considerando todos os puntos implicados nela, e decidir, se en verdade é necesario ter unha vida tan consumista, ou se pode ter igual calidade de vida sen ela.


Legenda:

Lectura difícilTexto borrado Texto engadido


Download current view as TXT