GALEGO | ENGLISH | ESPAÑOL

CORT_0652

ABAU/2016-2017/CD19/xuño/36

Writing year2017
Student level2º de Bacharelato
Commission19
Examination dateXuño
Text typeArgumentativo
SubjectLingua e literatura galegas
TopicConsumo e produción
Number of words191
Number of lemmas108
Lexical density56
Number of sentences6
Average of words per sentence31.83
Number of words in the longest sentence48
Number of words in the shortest sentence15
Number of paragraphs4
Average of sentences per paragraph1.50

Javascript seems to be turned off, or there was a communication error. Turn on Javascript for more display options.

Hoxe en día vivimos nunha sociedade capitalista dominada pola produción e o consumo, valores que xa nos inculcan as nosas nais e os nosos pais nada máis nacer practicamente, pois parece que é algo innegociable que temos que asumir.

Este modelo económico e social inflúe en todos os aspectos da nosa vida, ata un punto no que nos obriga a erguernos cedo para ir traballar, non poder realizarnos como persoas pola preocupación constante do noso traballo e, ás veces, por un traballo que non nos gusta realizar.

Iso tan pola parte da produción, pero pola parte consumista, este modelo obríganos a mercar cousas que non precisamos como roupa dunha determinada marca ou produtos de beleza, pero nos fan crer que o necesitamos e a nós gústanos crelo e consumir sen control. Este sobreconsumo fai que os produtores posúan de medios para, á hora de consumir, poder consumir aínda máis.

Esta tendencia é perxudicial para a sociedade ata o punto de que acabaremos consumindo aínda máis e haberá moi pouca oferta en comparación coa gran demanda. Isto o poderemos parar se concienciamos ás novas xeracións da importancia dun consumo responsable.


Legenda:

Lectura difícilTexto borrado Texto engadido


Download current view as TXT