GALEGO | ENGLISH | ESPAÑOL

CORT_0896

ABAU/2016-2017/CD26/xuño/08

Writing year2017
Student level2º de Bacharelato
Commission26
Examination dateXuño
Text typeArgumentativo
SubjectLingua e literatura galegas
TopicConsumo e produción
Number of words239
Number of lemmas132
Lexical density55
Number of sentences7
Average of words per sentence34.14
Number of words in the longest sentence46
Number of words in the shortest sentence19
Number of paragraphs6
Average of sentences per paragraph1.17

Javascript seems to be turned off, or there was a communication error. Turn on Javascript for more display options.

No texto expóñense dous casos de consumismo diferentes, pero que ao mesmo tempo son moi semellantes: mercar cousas non necesarias aínda que non se estea a vivir unha situacion económica favorable, e mercar produtos de marca porque se consideran mellores e gastar máis cartos deste xeito.

Vivimos nunha sociedade na que a xente está sometida constantemente a ver e escoitar publicidade que che incita a mercar todo tipo de produtos, sexan estes necesarios ou non, sen preocuparnos polo efecto que isto poda ter nos aforros da conta do banco.

Móstrannos o producto a vender como algo que mellorará enormemente a túa nosa calidade de vida, e conseguen que nós creamos isto, aínda que en verdade saibamos que nos están a enganar, e nós facemoslles caso e axiña imos a adquirir o que nos ofrecen.

Tamén contribúe a esta actitude consumista o prestixio social que se gaña ao posuír unha gran cantidade de luxos. Unha persoa sentirase máis aceptada e máis poderosa con cantas máis propiedades teña que poda ensinar ao resto do mundo.

Pero para pagar por elas, deberase convertir tamén en productor, e en ocasións seguirá o mesmo método usará o método de anunciar e enganar a xente, o mesmo que usaron con el, para enriquecerse cada vez máis e consumir en maior cantidade, entrando así no ciclo do consumismo.

É case imposible non caer nel, pero o que está claro é que a importancia de tomar conciencia desta situación e nunca deixarse manipular.


Legenda:

Lectura difícilTexto borrado Texto engadido


Download current view as TXT