En efecto, nos últimos anos a gastronomía acadou moita
popularidade, pero é unha moda pasaxeira ou un cambio
cultural?
Na miña opinión, este fenómeno está fortemente relaciona
do coa economía e a saúde. Por unha banda, en tempos
de pobreza se produce unha carestía dos alimentos debido
ao estancamento da produción. Na actualidade vivimos nun
mundo intercomercial, isto é, f non resulta difícil atopar
alimentos exóticos, o que nos permite variar o noso menú,
facendo a gastronomía máis interesante.
Por outra banda, ao aumentar os nosos estudos, preo
cupámonos moito máis por comer alimentos san saudábeis.
Sorprendentemente, a boa comida sempre gozou de popula
ridade... lembrémonos do viño ou o aceite de oliva gre
go ou dos banquetes medievais. Eu creo que gran parte
do noso interese pola economía cociña ten a súa causa nas
cores dos alimentos, xa que está demostrado cientíificamen
te que o home se sinte inclinado polas cores: unha
imaxe vale por mil verbas.
A todo isto hai que sumarlle que os medios de
comunicación son os que marcan tendencia. Deste
modo, coa produción de programas de cociña de ma
neira continuada, se logra que haxa un maior in
terese polo tema, en especial se saen figuras de autori
dade. Quizais esta popularidade da cociña estea tapan
do un vacío espiritual xeneralizado.
En conclusión, atrévome a firmar que isto é unha
moda transitoria, pois case todo na nosa época carece
de profundidade e transcendencia; unha sociedade funda
mentada no entretemento e o consumismo vai excesivamente
a prisa como para que algo poda perdurar no tempo.