CORT_0101
ABAU/2016-2017/CD04/xuño/03
Commission | 03 |
Examination date | Xuño |
Topic | A gastronomía
|
View options
Text:
Show:
Tags:
Javascript seems to be turned off, or there was a communication error. Turn on Javascript for more display options.
Cada ano innóvase máis no ámbito culinario, aparecendo novos
pratos de nomes case inpronunciábeis cunha chea de ingredientes.
É isto unha moda pasaxeira?
Dende que existe a cociña como tal, os grandes cociñeiros
buscan sacar os pratos máis auténticos, máis novos, máis
modernos. En certa forma ten sentido, xa que viven diso, da
xente que teñan nos seus restaurantes. Este feito, as ansias
de innovación culinaria, seguirán e seguirán co paso dos
anos, non cabe dúbida.
Fai pouco saíu nos medios de comunicación que un recoñecido
cociñeiro español utilizaba as bacterias que aportan a
luminiscencia a peixes e medusas nos seus pratos, facendo
que o restaurante onde traballa abra ao público a escuras,
para que se poida ver o fenómeno luminoso. Parece ser
que esta é a última moda, pero como a última
moda nunca é a última, non tardarán en sacar un
novo truco a un novo prato que deixe á comunidade
culinaria coa boca aberta. Pero como a historia se repite,
acabarase volvendo aos pratos de sempre, eses que deron
de comer a xeracións e xeracións antes de comezar
cos menús degustación, onde o prato é máis grande que
a ración a comer.
Legenda: | Lectura difícil • Texto borrado • Texto engadido |
Download current view as TXT