CORT_0102
ABAU/2016-2017/CD04/xuño/04
Commission | 04 |
Examination date | Xuño |
Topic | A gastronomía |
View options
Text:
Show:
Tags:
Javascript seems to be turned off, or there was a communication error. Turn on Javascript for more display options.
Do mesmo xeito que as vestimentas, a música e a
literatura , a cociña constitúe outro ámbito no
que o paso do tempo foi introducindo novos cambios e
novas maneiras de interpretala. Parece claro que as orixes
desta alta cociña gastronómica atópanse nunha forte mellora
no estilo de vida, ou polo menos dalgúns. Se retrocedemos
unhas cantas décadas, á España franquista, un anaco
de pan era máis que suficiente para o almorzo de
moitos: eran anos de carestía e racionamento. Non obstante
a mellora da calidade de vida en xeral das clases medias,
e por suposto, a globalización, provocaron o achegamento
da cociña galega a outras moitas no ámbito mundial.
Así, son cada vez máis os restaurantes que se incorporan
a esta nova moda. Moitos destes seguen a servir
comidas clásicas galegas como as mencionadas no texto,
aínda que en menor cantidade e sempre dun xeito
renovador, como se fosen novas comidas. Non obstante, ben
é certo que cada vez son máis os establecementos que
serven comidas de todos os rincóns do mundo. E por
suposto, cada vez son máis os clientes deste tipo de
restaurantes. E a pregunta a facérmonos sería: por que
tendo produtos tan bos da nosa terra, como o polbo ou
os grelos, hai unha gran cantidade de persoas que prefiren
consumir alimentos tipicamente estranxeiros? O máis
seguro é que esta moda sexa froito da globalización da
que estamos a ser partícipes: os medios de comunicación
son a principal vía destas modas. Que este estilo de vida
se manteña ao longo do tempo xa é máis discutible,
pero o que está claro é que de seguires así a economía,
este tipo de modas quedarán olvidadas e regresarán os
produtos nacionais.
Legenda: | Lectura difícil • Texto borrado • Texto engadido |
Download current view as TXT