CORT_0126
ABAU/2016-2017/CD04/xuño/28
Commission | 04 |
Examination date | Xuño |
Topic | Consumo e produción
|
View options
Text:
Show:
Tags:
Javascript seems to be turned off, or there was a communication error. Turn on Javascript for more display options.
É imposible falar do século XXI sen facer referencia algunha
ó consumismo ou á produtividade. A nose sociedade está
inmersa nun proceso cíclico de produción-consumo, do cal a
maioría non somos conscientes.
Deste xeito é o consumo o que marca, en boa parte,
a nosa vida cotiá, pois é case inconcebible pasar tres
días sen mercar algo, ou mesmo sen ir ó supermercado.
A nosa forma de pensar tamén está marcada por este
consumismo que retroalimentamos case sen decatarnos. Canto
máis compramos, máis fontes aportamos a un modelo económico
que parece engulirnos. Asemade, canto máis mercamos
máis queremos mercar, pois aportanos un sentimento
aparentemente de felicidade, unha satisfacción que non
é tal.
Doutra , participando neste proceso de consumo favorecemos
a produción de bens innecesarios, por que mercar o novo
modelo de iphone ou a nova gama dun automóbil? Este
sistema consumista tamén nos aporta unha falsa liberdade
á hora de escoller, dinnos que podemos comprar unha
marca ou outra, non obstante, ambas marcas veñen delimitadas
por un produtor que nos impón as súas regras.
Como conclusión e citando a Marx a nosa sociedade
vese "alienada" por unha serie de bens que determinan
non só a nosa vida cotiá, senón tamén a nosa ideoloxía.
Legenda: | Lectura difícil • Texto borrado • Texto engadido |
Download current view as TXT