Tanto na TVE como en Antena 3 tres son emitidos programas
de cociña de alto nivel e que captan a atención do público,
chegando a unhas cantidades de audiencia moi elevadas. Nos
últimos anos, o mundo da cociña e da gastronomía acadaron unha
gran popularidade, o que, na miña opinión, só ten ventaxes.
Como xa dixen anteriormente, un factor importante deste auxe
é a televisión, pois móstranos programas nos que podemos ver
a cociñeiros de élite e gastrónomos profesionais traballar e disfrutar
Isto, ademáis de producir beneficios económicos, leva a que a xente
se interese por esta ciencia, que a min, no persoal, tamén me
apasiona.
Outro factor que tamén potencia isto é o ámbito da saúde,
pois cada vez encontramos máis xente nova preocupándose polo
que comen e preparando pratos sanos sans, calculando todo o que
inxiren. Este é outro campo moi interesante, pero do cal non podo
disfrutar tanto como me gustaría.
En canto a se se trata dunha moda pasaxeira, non, na miña
opinión, non. Considero que é algo que vai a arraigar na sociedade,
e máis cando cada vez sanen máis estudos sobre a comida e
os seus posibles aspectos negativos.
Iste é un cambio dos que realmente necesitamos, pois todos
deberíamos coñecer o que comemos e comer de forma adecuada,
especialmente a xente nova, pois, ao final, somos o futuro, e
temos que estár sans.