CORT_0184
ABAU/2016-2017/CD05/xuño/47
Commission | 05 |
Examination date | Xuño |
Topic | Consumo e produción |
View options
Text:
Show:
Tags:
Javascript seems to be turned off, or there was a communication error. Turn on Javascript for more display options.
Nos tempos de hoxe a necesidade de consumir, propia da natureza humana,
vese aumentada ao máximo expoñente. O consumidor desexa todo aquilo
que existe, nunha gran cantidade e por moito tempo, pero sempre
querendo pagar o mínimo posible. Esta acción de desexar é tan
básica como a de producir, máis moitas veces as produccións non
son abondo para o consumismo extremo actual. Vivimos nun mundo
onde as necesidades básicas están cubertas e polo tanto a nosa
mente é libre de desexar o que sexa aínda que non nos serva
para nada. Para satisfacer unha poboación que inventa necesidades
xamáis vistas, debe existir unha produción flexible e cambiante,
capaz de adaptarse a un mundo onde a información sobre produtos
novos, e como consecuencia, a envexa por eles, viaxan pola Internet
a grandes velocidades.
Esta relación de dependencia do desexo de consumir . ansía cao desexo
de beneficio parece non ter fin, e poderse aumentarse ilimitadamente.
Máis non. O mundo non é un xogo onde os recursos son eternos
para a nosa imaxinación. As nosas actividades veñen determinadas
por aquilo que temos e cdo que podemos a dispor. Consumir e
producir teñen que igualarse a cero, sen malgastar., pois a felicidade
humana non reside na acumulación sistemática de bens. Hoxe
consúmese para ser feliz, e prodúcese para logo consumir e porlo
tanto ser feliz. Sen dúbida o noso consumir debería ser polo o feito
polo que satisfacemos as nosas necesidades básicas (o alimento, o fogar etc)
para logo poder estar fortes e ter tempo para buscar o camiño da
nosa felicidade. Por outra parte, o producir debería ser un acto de bó
bondade facer para axudar á sociedade. Volveremos a ser humanos, cando
consumamos para poder buscala felicidade fóra, e cando poidamos producir
sabendo que ca nosa actividade permitiremos ese camiño.
Legenda: | Lectura difícil • Texto borrado • Texto engadido |
Download current view as TXT