GALEGO | ENGLISH | ESPAÑOL

CORT_0224

ABAU/2016-2017/CD06/xuño/35

Commission06
Examination dateXuño
TopicConsumo e produción

Javascript seems to be turned off, or there was a communication error. Turn on Javascript for more display options.

Hoxe en día, a nosa sociedade e completamente consumista. A maioria da poboación merca algo todolos días: comida, o periódico, roupa, cosméticos... Xa ninguén produce bens para o seu propio consumo, senon que a práctica totalidade traballa para ter un salario co que mercar todo.

Ademais, todo o que mercamos ten data de caducidade ou unha morte programado, polo que é imposible deixar de consumir. Ata elementos tan simples como as bombillas están fabricadas para que deixen de funcionar despois dunhas determinadas horas encendidas para que haxa que comprar outra nova.

Outro boísimo exemplo é a roupa. As grandes marcas e multinacionais elaboran unha nova colección cada dous meses aproximadamente facendote ver que a túa roupa xa está pasada de moda. Ainda que nesta trampa caen máis as mulleres que os homes.

Nesta sociedade na que todo parece de usar e tirar a industria de producción é a principal beneficiada, pois cada día ten máis e máis traballo. Pero algún día debemos preguntarnos onde está o límite do noso consumismo e atopar un equilibrio entre producción e consumo sen que haxa a necesidade de mercar tanto como o estamos a facer agora, xa que, ainda que non nos deamos de conta, o noso ritmo de vida no é sostible a longo prazo.


Legenda:

Lectura difícilTexto borrado Texto engadido


Download current view as TXT