A nova sociedade na que estamos a vivir está experimentando
numerosos avances e cambios que na nosa tradición eran
totalmente impensables. Un exemplo desta nova deforma de vida é
a gran importancia que cobrou a gastronomía e a cociña
nos últimos anos, adquirindo gran popularidade de entre a gran
maioría da poboación.
O fenómeno de gastronomía popularidade da gastronomía
actualmente débese ao cambio de mentalidade que a sociedade
moderna experimentou nas últimas décadas. A gastronomía está
a seguir o moesmo camiño que por exemplo a tecnoloxia,
e a cal tamén foi debida ao avance da poboación.
Tradicionalmente, a comida era algo que non se valoraba.
Dábase á mesma o seu uso propio, o de a alimentación.
Pero, co paso do tempo, a cociña estase a presentar
como un ámbito importante implantadao na sociedade moderna
actual do século XXI.
Pouco a pouco, a xente foi concebiundo a gastronomía como
algo asociado ao carácter poder adquisitivo ou ao prestixio de
cada persoa, por iso, a popularidade deste fenómeno pode
ser entendida por moitos como unha simple mostra de
poder ou de dominación. Así, é discutible se se trata dun
fenómeno econcebido como unha moda pasaxeira ou como un
cambio cultural máis duradeiro.
Pois ben, a resposta a esta pregunta é a mentalidade
que cada persoa adopta fronte a éel. Uns entenderán a
cociña como unha simple moda e outros, en polo contrario,
optarán pola idea de que se trata máis dun ámbito resulta
do dos avances da sociedade e que polo conseguinte consolidarase
na sociedad por un longo período de tempo.
É indiscutible que este fenómeno da gastronomía foi cousa
dunha moda nova establecida na civilización. Porén, tamén
caracteriízase por seren un avance de carácter cultural implantado
na nosa nova mentalidade e que seguramente adquirirá un uso
duradeiro.
A popularidade da gastronomía trouxo consigo unha nova
profesión: o gastrónomo. Esto indica que non só se trata
dunha moda pasaxeira que utilizase para reflectir o nivel
social das persoas, senon que tamén supón a consolidación
dun novo ámbito resultado do avance cultural da poboación.