Na actualidade o tema da produción e o consumo están
á orde do día. Non obstante, esta situación xurdiu
xa nos inicios da Revolución industrial, que introduciu
unha ideoloxía e un sistema innovadores.
O consumismo é xa para nós unha propiedade intrínseca
que alimentamos día a día, sen ser conscientes, ou
sen querer selo, de que nos está comendo por dentro.
As diferentes entidades e empresas pelexan ferozmente por
ser as mellores e por alcanzar as maiores ganancias,
sen reparar nos medios nin nas consecuencias. O
importante para eles é o simple beneficio, para eles
os prexuízos e enganos son banais.
Mentres tanto, a sociedade empodera cada vez máis este
problema, consumindo sen parar e incluso demandando
máis.
Ademais, Os danos non son só morais ou psicolóxicos, xa que os
nosos petos tamén se resinten ante a nosa despreocu
pación.
Non obstante, a solución non está no "mercar cousas
baratas" ou no "hoxe non merco máis". O único que
pode remediar a nosa obsesión co consumo e a pro
dución é unha boa educación que nos ensine a
valorar outros aspectos máis importantes da vida.
En conclusión, o consumismo e a produtividade son
dous monstros que se benefician o un ao outro,
non deixemos que nos coman, nos deixemos que
nos consuman.