GALEGO | ENGLISH | ESPAÑOL

CORT_0315

ABAU/2016-2017/CD08/xuño/35

Commission08
Examination dateXuño
TopicConsumo e produción

Javascript seems to be turned off, or there was a communication error. Turn on Javascript for more display options.

No noso modelo de vida actual, o consumo é moi importante, é a base do noso modelo económico. As empresas dependen do consumo para saír adiante, e isto afecta tanto aos donos das empresas como aos traballadores.

Pero hai un problema: a produción. Se se produce pouco necesítanse menos traballadores, e os demáis potenciais traballadores non recibirán un salario co que poder consumir. En cambio, se se produce en exceso, chegará o momento no que que non se necesiten traballadores e estes non poderán consumir. Ademáis, un produto máis escaso debería valer máis que un máis común, debido á lei da oferta e da demanda; sen embargo, unha empresa pretende vender un produto común ao mesmo prezo ca un escaso.

Todos estes problemas derivan nun menor consumo e, se a iso lle sumamos a mentalidade aforradora da familia media, acabamos nunha crise económica, que non fai máis que empeorar a situación. Por iso é tan importante o consumo actualmente, para impulsar ás empresas a producir máis e crear máis postos de traballo. E aínda que a produtividade tamén é importante, non debería sobrepasar uns límites, xa que aseguraría unha maior estabilidade durante máis tempo.

En conclusión, consumir é importante e canto máis se consuma mellor, pero a produtividade debería manterse entre uns marxes .


Legenda:

Lectura difícilTexto borrado Texto engadido


Download current view as TXT