O consumismo consiste na compra masiva de produtos, na que
unicamente se busca o menosr prezo posible sen ter en conta as posibles
consecuencias negativas sobre a nosa sociedade. O excesivo consumo provoca
as peores situacións tanto fomentando a pobreza e os baixos salarios noutros
países, como o aumento da contaminación
O aumento do consumo masivo no mundo occidental, especialmente a
partir dos anos 50 está a provocar o fin de moitos dos nosos recursos
actuais, xa que o aumento excesivo da produción aumenta o efecto invernadoiro
, coas consecuencias negativas sobre o planeta e a saúde humana.
Ademais o consumo excesivo de roupa, no que só se buscan os prezos
mínimos, é o verdadeiro culpable, tanto do fin do pequenas tendas
de roupa locais, que pecharon porque non poden competir, como tamén
é o culpable da explotación que sofren millóns de persoas no terceiro mundo.
Outro exemplo é o do mercado agrícola, moi perxudicado polas grandes compañías.
Sen embargo, a pesar de que considero como algo negativo o consumismo,
o certo é que os prezos das grandes compañías, tanto de supermercados como
de grandes empresas textiles, son os únicos que a meirande parte da
poboación pode chegar a pagar, dada a nosa situación de crise e os altos
prezos doutras empresas.
Como conclusión, na miña opinión, é necesario o freo freno inmediato do
noso modo de vida consumista, xa que os recentes estudos científicos
demostran que se seguimos neste sistema de produción, o efecto invernadoiro
aumentara cada vez máis, e ademais temos que ter en conta sempre as condicións
nas que se produce, antes de mercar calquera produto. O que necesitamos
é, en definitiva, que todos sexamos consumidores responsables