CORT_0354
ABAU/2016-2017/CD09/xuño/27
Commission | 09 |
Examination date | Xuño |
Topic | A gastronomía
|
View options
Text:
Show:
Tags:
Javascript seems to be turned off, or there was a communication error. Turn on Javascript for more display options.
Hai uns anos, o oficio de cociñeiro era visto como o dunha persoa
encargada simplemente de encher o estómago dos seus clientes.
Esta concepción está a mudar dende aos últimaos lustros, e hoxe en
día o "chef" é un artista encargado de vender non só un menú,
senón toda unha sensación ou experiencia.
Isto é unha realidade apreciable sen moito esforzo no día a día. Así,
programas televisivos de cociña tradicional perden a súa funcion de
ser manuais de cociña audiovisuais e son substituídos por concursos
presentados por prestixiosos mestres das artes culinarias. Este tipo de
programas acadan elevadísimas cotas de audiencia, e non só iso, xa que
as etapas finais destes concursos acadan a categoría nalgúns casos de
evento social.
De forma paralela, cada vez valórase máis a experiencia de comer en
locais fóra da casa. Isto débese en parte á sustancial mellora da
economía dende mediados do século XX, o cal permite á gran maioría
do pobo acceder a produtos antes considerados de luxo. Ademáis, tivo
unha gran influenza a apertura da sociedade. Hai uns anos era moi
difícil atopar restaurantes de comida estranxeira, mentres que hoxe en día é o máis común do mundo. Esta apertura fai que a xente se
vexa tentada a probar cousas novas. Ante este fenómeno, os restaurantes
tradicionais buscan cada vez máis a innovación, exaltando así a faceta
de artista dos cociñeiros e incrementando o interese do público pola
gastronomía.
En conclusión, a popularidade da gastronomía responde a unha serie de fenómenos
complexos ligados ó cambio da sociedade, e é posible que vaia manterse
durante moito tempo.
Legenda: | Lectura difícil • Texto borrado • Texto engadido |
Download current view as TXT