Hoxe en día vivimos nunha sociedade que xira entorno
á economía. A sociedade en xeral traballa para o
consumo, para poder acadar o nivel de vida medio
da poboación; pero plantéxase un problema: se consumimos
sempre optando pola opción máis barata, as empresas
obtendrán algún beneficio?
Para poder manter o nivel de vida actual, as empresas
deben poder ser xestionadas e financiadas polas súas
ventas; en Galicia temos un exemplo a tratar na
actualidade: o leite, sector no que traballan a maioría
dos gandeiros galegos, reivindican o seu dereito a un prezo
xusto para poder sacar beneficio á súa produción,
pero nós, os consumidores á hora de mercar tentamos
facer o menos gasto posible sen pensar nas súas
consecuencias. Estes gandeiros protestan para que o seu
esforzo sexa valorado e o seu producto non sexa
menospreciado; alertan con deixar de producir xa que
non poden soster todos os gastos de produtividade a
un prezo de prod do leite tan baixo.
O problema principal, é que as grandes empresas
de venta ó público tentan vender o producto e optan
por prezos extremadamente chamativos para ó público.
Outro gran problema a tratar é a velocidade de
consumo da poboación, non na actualidade non se
merca só productos básicos, a maioría das
veces fánse compras innecesarias e querendo sempre
a baixada de prezo destes.
Moitas empresas de produccións non puideron
soster o gasto que implica o seu mantemento
en comparación co prezo final de venta; pero aínda
hai empresas que loitan para cambiar esta situación,
conseguer un prezo xusto para as empresas e
así poder obter beneficio, e por outra banda,
un prezo xusto para os clientes, sendo conscientes
de non por un prezo excesivo e que as masas
rexeitaran.
En conclusión, debemos loitar para que as empresas
sigan crecendo e apostar por un producto e un
prezo final xusto para todos. Tendo en conta
o traballo desempeñado empregado nel.