CORT_0497
ABAU/2016-2017/CD13/xuño/32
Commission | 13 |
Examination date | Xuño |
Topic | Consumo e produción |
View options
Text:
Show:
Tags:
Javascript seems to be turned off, or there was a communication error. Turn on Javascript for more display options.
O consumo hoxe en día é un factor importante na
nosa vida diaria, xa que todos os días consumimos
unha certa cantidade de produtos. Moitas veces, a diferencia
dos tempos de antes, a xente de agora consume produtos
máis por capricho que por necesidade. Un exemplo claro
témolo na casa cos nenos, teñen videoconsolas e video
xogos que realmente son innecesarios para poder vivir.
Debido ao elevado consumo na sociedade actual, é nece
sario producir moito. Cómpre que haxa á venda produtos
de todo tipo, tanto caros coma baratos, é dicir, que estean
adaptados a todo tipo de presupostos, xa que hai xente que
non se permite o luxo aínda que poidan pagalo. O consu
mo afecta directamente á productividade, polo tanto as empre
sas que producen bens e servizos deben estar ao tanto en todo
momento das necesidades dos seus clientes. A importancia do
consumismo é clara e é a clave da sociedade actual.
En calquera sitio ao que nós vaiamos imos atopar algún lugar onde gastar os cartos e onde consumir xa sexa un produto, ou un
servizo que necesitamos. A xente de hoxe en día non se limita
a consumir só o que necesita senón que tamén pagan servizos ou
calquera outra actividade que realmente é indispensable. Soamente o fan
co obxectivo de satisfacer calquera insaciable gusto.
Por iso, a produtividade é tan importante ou máis ca o propio consumo.
É certo que se non hai consumidores de nada lles serve aos produ
tores fabricar produtos, pero se non se elaboran tampouco sería posi
ble satisfacer aos clientes. Debe haber un equilibrio entre consumismo
e produtividade.
Como conclusión, decir que na sociedade de hoxe en día o consumismo
e a produción son factores moi importantes, e xa se manifestaron
na nosa vida diaria como algo cotidián e necesario.
Legenda: | Lectura difícil • Texto borrado • Texto engadido |
Download current view as TXT