GALEGO | ENGLISH | ESPAÑOL

CORT_0639

ABAU/2016-2017/CD19/xuño/23

Commission19
Examination dateXuño
TopicConsumo e produción

Javascript seems to be turned off, or there was a communication error. Turn on Javascript for more display options.

A sociedade de hoxe en día ten un sistema económico baseado na oferta e na demanda, e polo tanto tamén na produción e consumición.

Isto quere decir que mentras que uns sectores se encargan de fabricar produtos para a sociedade, os outros dedicaranse a consumilos, e se estes produtos son de boa calidade, pedirán máis e polo tanto a demanda aumentará.

Pero se a demanda é moi grande, certas empresas poden aproveitarse e subir os prezos, de modo que o seu consumo xa non estará á disposición de calquera, e polo tanto pasarase a comprar outros produtos de prezos menores, entrando no consumo outras marcas e empresas, que probablemente acaben facendo o mesmo.

Pero por outro lado tamén teñen que pensar que a subida ten que ser compensar, xa que pode que ao diminuír o número de compradores, as gañancias baixen tamén.

Por todo isto, o consumo e a produción manteñen activa a sociedade xa que a fai competitiva, non sempre de un modo positivo, pero na maioría dos casos, e polo tanto, co intento de mellorar, a nosa sociedade avanza e progresa nunha multiplicidade de ámbitos: tecnoloxías, equipamento, alimentos saudables, etc.

De modo que, para que unha sociedade funcione, é necesario o movemento, é dicir, producir e consumir, de maneira que non se quede estancada e así fomentar o traballo e a evolución.


Legenda:

Lectura difícilTexto borrado Texto engadido


Download current view as TXT