CORT_0655
ABAU/2016-2017/CD19/xuño/39
Commission | 19 |
Examination date | Xuño |
Topic | Consumo e produción |
View options
Text:
Show:
Tags:
Javascript seems to be turned off, or there was a communication error. Turn on Javascript for more display options.
É un feito que nos nosos días o consumismo e a producción
son dous factores imprescindibles para o normal desenvolvemento da
sociedade. Sen sermos conscientes, nacemos e desenvolvemos as
nosas vidas baixo as consignas de consumir e producir.
Como ben mostra o texto, non pode existir a produción sen
o consumeo. Dende pequenos ensínannos e fórmannos para desenvolver
un papel na sociedade, para que o noso traballo sirva
para o avance e mellora. É imprescindible que se realicen
innovacións na tecnoloxía para crear máquinas máis eficientes
e que produzan máis ganancia aos propietarios ou é necesario
que a publicidade siga captando un gran número de persoas
para continuar coas súas vendas. Toda esta eficacia
na produción non ten outra finalidade que a de acadarmos
un salario a fin de mes que nos permita non só subsistir, senón tamén satisfacer os nosos desexos de consumo que
non son poucos, pois os estímulos chégannos dende calquera
parte e dende calquera lugar. É rara a situación na
que un adolescente non ten o último modelo de telefono
móbil ou un home aqueles zapatos que viu polo televisor.
Para finalizarmos, a relación entre produción e consumismo
está e estará presente nos nosos días, pois é a una única
forma que ten a sociedade de seguir co seu normal
desenvolvemento. Mais é preciso a xusto xustiza para que
uns non saian máis beneficiados que outros.
Legenda: | Lectura difícil • Texto borrado • Texto engadido |
Download current view as TXT