GALEGO | ENGLISH | ESPAÑOL

CORT_0709

ABAU/2016-2017/CD20/xuño/49

Commission20
Examination dateXuño
TopicConsumo e produción

Javascript seems to be turned off, or there was a communication error. Turn on Javascript for more display options.

A nosa vida atópase rexida polo consumismo máis absoluto. Necesitamos mercar algo, o que sexa, de forma imperativa, e cando o temos, necesitamos seguir mercando, e olvidámonos do xa mercado. É o que poderiamos chamar "obsolescencia progra suxestionada". As grandes empresas incítannos a mercar obxectos que mais que seguro non necesitamos, e nós, guiados por unha forza, un estímulo superior a nosa m conciencia, deixámonos levar por un frenesí desenfrenado, unha ansia, igual ou parecida á que os nosos ancestros tiñan polo mero feito de sobrevivir. O problema ven cando a nosa mente xera un mecanismo que non permite saciar ese ansia. E o mesmo pasa coa produtividade. Todos os nosos actos teñen como único sentido obter os máximos beneficios no mellor menor tempo posible. Xa non facemos nada por disfrutar, por aprender, por sentirnos vivos. Xa non se estuda polo mero pracer de culturizarse. Non, agora so se busca que, no menor tempo posible, memorices a máxima información posible para obter unha boa cnota; un número que che asigne un posto de traballo. E iso, pena de nós, é o mal crónico que afoga a nosa sociedade.


Legenda:

Lectura difícilTexto borrado Texto engadido


Download current view as TXT