GALEGO | ENGLISH | ESPAÑOL

CORT_0732

ABAU/2016-2017/CD21/xuño/23

Commission21
Examination dateXuño
TopicConsumo e produción

Javascript seems to be turned off, or there was a communication error. Turn on Javascript for more display options.

No sistema capitalista no que vivimos, temos que gañar cartos para sobrevivir. Eses cartos os sacamos traballando, grazas ó noso salario. Se non es funcionario, o salario é pagado grazas ós beneficios xerados pola túa empresa. Os beneficios conséguesen grazas á produción e posterior venta de bens ou servizos. A xente para sobrevivir ou darse un luxo precisa de comprar ese ben ou servizo. Canto maior sexa o prezo do produto maior cantidade de cartos precisas, polo tanto maior salario, beneficios da empresa e maior prezo do produto te que ofertas. É un círculo vicioso que non vai parar sendo así o sistema.

Para poder vivir traballas e cobras un salario, con ese salario (como consumidor) tes que pagar os gastos da casa (luz, auga, hipoteca...) e outros bens indispensables (comida, algo de roupa...) unha vez cumpridas as necesidades básicas disposte a aforrar ou gastar os cartos en luxos. Estes luxos tenden a ser máis caros (o exemplo do texto da marca coñecida) e segundo o teu criterio podes compralo ou non xa xa que non é necesario para a túa vida. Coa crise económica estes produtos baixaron a súa demanda pouco a pouco, o que conlevou ó peche de negocios traballadores de eses luxos e ó aumento do paro. Así funciona o capitalismo, un círculo vicioso.


Legenda:

Lectura difícilTexto borrado Texto engadido


Download current view as TXT