GALEGO | ENGLISH | ESPAÑOL

CORT_0842

ABAU/2016-2017/CD23/xuño/37

Commission23
Examination dateXuño
TopicConsumo e produción

Javascript seems to be turned off, or there was a communication error. Turn on Javascript for more display options.

Na miña opinión o noso mundo depende completamente da necesidade de consumir, e polo tanto, tamén existe a necesidade de producir. Isto quere dicir que o ser humano nas últimas décadas experimentou unha serie de avances na produción que lle permitiu abastecer con excedentes ao mundo. Eses excedentes foron vendidos como necesidades que non temos, mais a nosa sociedade fai que os queramos. Por este principio somos seres dependentes do consumo.

O responsable responsable disto é o bombardeo publicitario masivo que sufrimos desde que nacemos ata que morremos. Esta publicidade está pensada para que teñan atraernos e facernos que sintamos que os produtos que nos ensinan son necesarios para a nosa supervivencia. O proble Debido a este consumismo masivo provocado é tamén necesaria unha produtividade elevada que poida cumprir a lei da oferta e da demanda, axustándose a primeira á segunda. Esta relación entre produción e consumo é a base do sistema capitalista no que vivimos. Á vista disto podemos ver que a relación entre a o que compramos e o que se vende é a base do mundo no que vivimos e polo tanto unha parte fundamental da nosa vida, soamente algúns poden vivir sen necesidade de consumir.

En resumo, somos educados no consumismo e nun mundo onde a oferta e a demanda son as as están presentes en todos os ámbitos da sociedade e polo tanto forma unha parte fundamental da nosa vida. Por esta razón reitero que somos seres dependentes do consumo.


Legenda:

Lectura difícilTexto borrado Texto engadido


Download current view as TXT