GALEGO | ENGLISH | ESPAÑOL

CORT_0039

ABAU/2016-2017/CD02/xuño/14

Commission02
Examination dateXuño
TopicA gastronomía

Javascript seems to be turned off, or there was a communication error. Turn on Javascript for more display options.

Actualmente, o tema da gastronomiía tivo un gran auxe, dado que empezaron a emerxer novas tecnoloxiías coas que poder innovar na cociña. Debido a esto, comezáronse a crear novos programas de televisión relacionados co novo tema gastronómico, como "Master Chef" ou "Top Chef". Neles, hai tres xuíces que votan os platos concursantes programa tras programa, ata chegar ao gran gañador. Pero non é que voten o ben ou mal feita que poida estar a comida, senón que valoran máis unha presentación bonita e ben ornamentada.

Unha cousa que non acabo de entender moi ben é o feito de que nas cociñas dos bos cociñeiros se mire máis pola presentación é a miínima comida que polo benestar dos clientes. Pero o peor de todo é que os comensais prefiren pagar moito máis por moita menos comida porque son restaurantes dos famosos.

O que seguramente pase con este tema tan falado nestes últimos anos, sexa o que pasa con todas as modas, que se deixen a un lado e que os restaurantes volvan a servir para o mesmo que antes, para comer. O que vexo ben respecto a este tema é que se comparta a nosa gastronomía coa de outros países, e que poidamos gozar delas no noso país.

En conclusión, paréceme esaxerado que conte máis a presentación cunha cantidade mínima de comida ca unha comida ben feita e no seu punto. En cambio parécenme estupendos eses intercambios que se fan entre países para compartir a gastronomía como parte da cultura dos países.


Legenda:

Lectura difícilTexto borrado Texto engadido


Download current view as TXT