GALEGO | ENGLISH | ESPAÑOL

CORT_0112

ABAU/2016-2017/CD04/xuño/14

Writing year2017
Student level2º de Bacharelato
Commission04
Examination dateXuño
Text typeArgumentativo
SubjectLingua e literatura galegas
TopicA gastronomía
Number of words228
Number of lemmas123
Lexical density54
Number of sentences11
Average of words per sentence20.73
Number of words in the longest sentence37
Number of words in the shortest sentence3
Number of paragraphs3
Average of sentences per paragraph3.67

Javascript seems to be turned off, or there was a communication error. Turn on Javascript for more display options.

A importancia da cociña e da gastronomía aumentou moito nos últimos anos. As causas son diversas pero, na miña opinión, ten unha gran importancia o nivel económico existente. Centrémonos en Galiza. Os anos de posguerra e de franquismo foron anos de pobreza; a xente comía o que se podía permitir cociñar na súa casa. Despois, coa recuperación económica, a xente comezou a frecuentar máis os restaurantes, buscando do mesmo xeito unha cociña cada vez máis exquisita, máis selecta. Isto promoveu a apertura de restaurantes de clase alta, convertindo a cociña nunha marca de éxito social, de poder adquisitivo.

Os grandes cociñeiros empezaron a gañar prestixio, así como os críticos gastronómicos. Os pais apoian agora a o seu fillo se lles di que de maior quere ser cociñeiro; cousa que anos atrás non ocorría, porque non era unha forma boa de chegar a obter capital.

É por iso que, na miña opinión, gastronomía e economía están moito máis ligadas do que pode aparentar nun primeiro momento. Tendo isto en conta, poderíamos dicir que o futuro da gastronomía, que sexa simplemente unha moda ou un cambio cultural vai depender do futuro económico do país. De todos xeitos, sempre quedará xente con verdadeira paixón pola cociña, que será quen de amosala independentemente dos cartos, como as nosas avoas, grandes cociñeiras a maioría delas a pesar de hab ter vivido na gran miseria da posguerra.


Legenda:

Lectura difícilTexto borrado Texto engadido


Download current view as TXT