GALEGO | ENGLISH | ESPAÑOL

CORT_0137

ABAU/2016-2017/CD04/xuño/39

Writing year2017
Student level2º de Bacharelato
Commission04
Examination dateXuño
Text typeArgumentativo
SubjectLingua e literatura galegas
TopicConsumo e produción
Number of words233
Number of lemmas109
Lexical density47
Number of sentences8
Average of words per sentence29.13
Number of words in the longest sentence45
Number of words in the shortest sentence16
Number of paragraphs5
Average of sentences per paragraph1.6

Javascript seems to be turned off, or there was a communication error. Turn on Javascript for more display options.

Na sociedade actual, o consumismo está presente no noso día a día xa que non somos capaces de vivir sen comprar, o que significa que esta acción está relacionada coa productividade, polo mercado laboral actual dos nosos días.

Dende mediados do século XX, unha vez pasados os problemas económicos que tivo o noso país, comezou a implantarse o sistema que xa había noutros países, o consumismo. Dito feito significa que non somos capaces de parar de comprar cousas, cando non son máis que simples caprichos que vemos tódolos días pola rede e nas tendas, e que eses cartos que gastamos de máis, despois quitámolos de cousas esenciais como os produtos básicos.

Pola outra banda, e sempre relacionado está a produtividade, nunha sociedade na que a xente cada vez ten que traballar máis horas polo mesmo salario e moitas veces, se ben non cumples os obxectivos da empresa, quedas sen traballo.

Baixo o meu punto de vista, ámbalas dúas cousas están relacionadas porque son parte da nosa sociedade. Traballamos máis para comprar máis cousas e "ser máis felices", xa que vivimos nunha sociedade materialista na que teñen en conta os cartos.

Tendo en conta que a sociedade está cambiando, nun futuro quizais cambiemo pensemos ben no que estamos facendo, que non é máis nin menos que malgastar os aforros. Desta forma o mellor encontramos a verdadeira felicidade, aquela que nóon se encontra nos cartos.


Legenda:

Lectura difícilTexto borrado Texto engadido


Download current view as TXT