CORT_0171 ABAU/2016-2017/CD05/xuño/34
Commission 05
Examination date Xuño
Topic A gastronomía
View options
Text: Full transcription Student final version Orthographic standard Morphological standard Lexical standard Grammatical standard Semantic standard Discoursive standard
Show: Colors Formatting <pb> <lb>
Tags: Standard lemma Original lemma POS tag (standard) POS tag (original) Type of deviation of the standard Source of the non-standard form Derived correction Connector
Javascript seems to be turned off, or there was a communication error. Turn on Javascript for more display options.
Na miña opinión a gastronomía acadou gran popularidade nos últimos anos debido
á moda sen embargo , a pesar de comezar como moda , a sociedade cambiou
e aceptou o mundo da cociña como algo interesante , digno e desexado .
Tal vez a moda comezou polo desexo de ser diferente e destacar en algo
que ós demáis non se lle da ben , tal vez porque os restaurantes conseguiron ver un negocio redondo no que antes parecía unha tontería , tal vez a moda
apareceu porque o famoso de turno gustáballe comer en restaurantes carísimos con comida
minúscula pero moi bonita e a sociedade imitouno , porque se algo lle gusta á sociedade é
imitar ós famosos , ou ben a moda xurdiu porque Disney fixo unha película sobre ratas
que en realidade son grandes cociñeiras .
O certo é que o fervor polo mundo da gastronomía xa non é unha moda pasaxeira , só é
necesario encender a televisión para decatarse do que non hai case ninguna canle sen un
programa ou concurso de cociña . Na internet triunfan os blogs gastronómicos , tanto que
incluso " Os Simpson " teñen un capítulo dedicado a iso . Os restaurantes son cada vez máis
innovadores nos platos que preparan e na forma en que os preparan , o que comezou con facer
un prato bonito é agora formas de experimentación como disolucións en tubos de ensaio que
misturan sabores na boca .
En conclusión a gastronomía consolidouse na sociedade actual como unha nova forma de
arte .
Legenda:
Lectura difícil • Texto borrado • Texto engadido
Download current view as TXT