CORT_0247
ABAU/2016-2017/CD07/xuño/13
Commission | 07 |
Examination date | Xuño |
Topic | A gastronomía |
View options
Text:
Show:
Tags:
Javascript seems to be turned off, or there was a communication error. Turn on Javascript for more display options.
Nos últimos anos a gastronomía acadou un gran auxe, debido ás grandes
innovacións dos cociñeiros, os cales se están a reinventar con pratos moi elabo
rados e minimalistas. Isto fai que moita xente queira probar os novos sabores e
texturas, a pesar de que estes pratos sean dunhas dimensións ínfimas e
o coste sexa moi elevado para o consumidor. Non todo o mundo se pode permi
tir pagar unha elevada cantidade por unha comida que non te vai fartar.
Grazas a esta revolución gastronómica son numerosos os cociñeiros famosos
no panorama internacional, nesta profesión antigamente arraigada ás mulleres, nestes momentos
é máis común ver homes entre fogóns, polo que a balanza de sexos neste
sector nestes intres está equilibrada.
Cabe destacar que esta parece ser unha moda pasaxeira, pois debido á
crise, os recortes e os ínfimos soldos o nivel de vida está baixando drasticamente
polo que chegará un punto no que a meirande parte dos que agora despilfaran
indo a comer a restaurantes moi populares habitualmente cando en realidade
a súa economía é pouco escasa, como a de case todos, é só o fan por
aparentar. Con todo isto non está mal o auxe gastronómico nin probar
cousas novas, pero non se pode gastar diñeiro nalgo innecesario cando hai
tanta pobreza, pois é unha vergonza que por exemplo unha persoa que
vive nun país desenvolvido gaste miles de euros en comida que ó final
non lle vai chegar pois a cantidade é pouca, e outra persoa con menos sorte
que reside nun país subdesenvolvido non teña nin un euro para comprar algo
que levar á boca.
Legenda: | Lectura difícil • Texto borrado • Texto engadido |
Download current view as TXT
• Multi-token Annotation