CORT_0353
ABAU/2016-2017/CD09/xuño/26
Commission | 09 |
Examination date | Xuño |
Topic | A gastronomía
|
View options
Text:
Show:
Tags:
Javascript seems to be turned off, or there was a communication error. Turn on Javascript for more display options.
A gastronomía e a cociña están sendo moi populares na
actualidade e na miña opinión, non é unha cuestión de
moda.
Eu creo que este aumento da popularidade da gastronomía
débese ao mundo globalizado no que vivimos. Con isto refírome
a que á xente cando viaxa, (ou non necesariamente nunha viaxe),
gústalle coñecer cousas doutras culturas; os seus costumes, as
súas vestimentas, a súa lingua e tamén a súa gastronomía.
Eu supoño que isto, no caso concreto de descubrir variedades
na gastronomía, crea na xente unha afición polas
comidas exóticas e, nalgúns casos, as leva a querer
dedicarse a unha profesión coma a gastronomía.
Para explica Na miña opinión, a profesión de gastrónomo
é unha profesión que ten que ser vocacional, é dicir, se
a alguén non lle gusta probar alimentos exóticos, nunca
se vai dedicar a esta profesión, por iso creo que esta
profesión non aumentou a súa popularidade por "estar
de moda".
Porén, eu penso que este aumento da popularidade
desta profesión vai desembocar nun cambio na gastronomía, non
a nivel mundial, por suposto, pero si nun amplio rango. Tamén
creo que este cambio na gastronomía, de producirse, vai ser lento e progresivo.
Legenda: | Lectura difícil • Texto borrado • Texto engadido |
Download current view as TXT