GALEGO | ENGLISH | ESPAÑOL

CORT_0403

ABAU/2016-2017/CD11/xuño/11

Commission11
Examination dateXuño
TopicA gastronomía

Javascript seems to be turned off, or there was a communication error. Turn on Javascript for more display options.

Nos últimos anos, a gastronomía e a cociña gañaron moita popularidade. Cada vez son máis os programas e concursos de cociña profesional, ou os restaurantes luxosos con estrelas michelín.

Pero eu non vou a discutir sobre este punto de vista da gastronomía, senón outro moi diferente e, por desgraza, invisible para a maioría da poboación: a comida especista. O especismo é a ideoloxía que fai que o ser humano vexa a uns animais como comida, e a outros como mascotas. É a ideoloxía que nos einculcan dende pequenos, facéndonos crer que está mal comer un can, pero é do máis normal alimentarse dun terneiro.

Por iso penso que a actual gastronomia é pasaxeira, xa que cada vez son máis as persoas que se dan conta do antiético que é o especismo e adoptan unha dieta vexetariana ou vegana. Ademais, está cientificamente demostrado que este tipo de dietas son perfectamente saudables en todas as etapas, incluso na etapa de crecemento, no embarazo e para as persoas deportistas. Por iso, se a poboación non é maioritariamente herbívora, é porque o noso pracer vale máis que unha vida.

En conclusión, debemos abrir a nosa mente e cambiar as nosas típicas comidas antiéticas por unha gastronomía antiespecista, polo noso ben moral e polo futuro de moitas vidas e do medioambiente.


Legenda:

Lectura difícilTexto borrado Texto engadido


Download current view as TXT