GALEGO | ENGLISH | ESPAÑOL

CORT_0449

ABAU/2016-2017/CD12/xuño/24

Commission12
Examination dateXuño
TopicConsumo e produción

Javascript seems to be turned off, or there was a communication error. Turn on Javascript for more display options.

Hoxe en día, atopámonos nunha sociedade case esencialmente capitalista na que, se preguntásemos pola rúa que é o máis importante para a xente para ter unha boa vida, obteríamos como resposta maioritaria: o diñeiro, ou polo menos esa é a miña sensación cando falo con determinadas persoas.

Por isto penso que é iso o que verdadeiramente lle da importancia ao consumo e á produción. Na miña opinión a produción é esencial para a nosa superviviencia, posto que sen ir máis lonxe, necesitamos alimentarnos e actualmente, ao proporcionarnos a facilidade de ir a un supermercado, non nos poñemos a cazar nin a pescar coma noas antigas eras, polo tanto, tamén é debido á nosa supervivencia a aparición do consumo.

Como conclusión, é tan necesaria a produción como o é o consumo, todos dependemos de todos e, sobre todo, hoxe en día, todos necesitamos do diñeiro e este non se consegue mais que producindo e tendo xente que consuma o teu produto.


Legenda:

Lectura difícilTexto borrado Texto engadido


Download current view as TXT