GALEGO | ENGLISH | ESPAÑOL

CORT_0496

ABAU/2016-2017/CD13/xuño/31

Commission13
Examination dateXuño
TopicConsumo e produción

Javascript seems to be turned off, or there was a communication error. Turn on Javascript for more display options.

Dende tempos inmemoriables o ser humano precisou de productos para satisfacer as súas necesidades, pronto xurdiron os intercambios comerciais, as persoas que posuían unha serie de bens ou servicios entregábanllos a outros a cambio de diñeiro. Esta situación segue vixente ata os nosos días.

A sociedade actual incorpora novas técnicas de producción para que o número de productos sexa moito maior e chegue ao maior número de xente posíbel, co obxectivo de maximizar os beneficios.

Compre sermos conscientes de que estamos a vivir nunha sociedade moi influenciada polo consumismo e as modas, toda nova tendencia resulta de ter un gran éxito na poboación. Cada vez saen máis productos ao mercado e as técnicas de marketing son máis persuasivas, xa que os vendedores aproveitanse da nosa debilidade e do poder de influencia que teñen os productos sobre nós.

Voltando ao comezo, noutrora, os seres humanos consumían por necesidade mentres que a medida que pasaron os anos, a especie volveuse máis materialista e consumista. As empresas pola súa banda Os intereses das empresas, por outra banda, fican reducidos a mellorar a productividade, o que provoca que se esquezan do benestar dos traballadores.


Legenda:

Lectura difícilTexto borrado Texto engadido


Download current view as TXT