Hoxe en día vivimos nunha sociedade na que, quen teña o obxecto máis caro é quen posúe máis prestixio social. Este estereotipo, porque non é máis que unha visión falsa da realidade, afecta de maneira moi directa á produción e a ó consumismo.
Poderíase dicir que afecta directamente á produción e ó consumismo directamente xa que, quen merca, sen entrar no ámbito monetario, fai que quen produce teña que aumentar o seu nivel de traballo. É dicir, canto máis merquemos, máis aumentará o nivel de produción; facer o que trae como consecuencia, a subida do nivel económico desa empresa. O problema vén cando deixamos de mercar algo, xa sexa polo alto precizo, ou por gustos, porque xa non nos gusta o ben, porque xa non nos resulta útil.
Actualmente, a base de produción está no consumo; e á súa vez, a base do consumo está na nosa sociedade, nas modas e nos avances. Isto indica que Pero tamén se podería dicir, que, a día de hoxe é ó revés, a base da sociedade está no consumo, posto que somos quen de posicionar ás persoas en base ó seu nivel de consumo, que esta ligado ó nivel económico, e temos ansia de satisfacción., sensación que por desgraza, só o diñeiro é capaz de aportar, para algunhas persoas. Isto pode producir grandes problemas, xa que unha sociedade impulsada polo consumismo, pode chegar a caer nunha gran débeda, debido ás gañas de mercar fronte á falta de cartos, en ocasións, para facelo, cousa que está mo estreitamente ligada á produción.