O texto anterior móstranos as repercusións que poden ter a compra dun producto
descoñecido por enriba do de marca coñecida, e para iso relátanos dous exemplos:
o primeiro é o de Carmela da Chousa, quen participa nunha tractorada en Lugo
por mor do baixo prezo que as envasadoras pagan polo leite dos gandeiros; alií
en Lugo decide mercar unha saia marca X antes dunha marca Toypes,
a cal gustáballe máis, eisto fai que a marca Toypes presente un ERE, o que afecta
a Susa de Valdecales, quen "vendo como veñen as cousas", non merca leite Pascual,
senon unha de marca branca, o que acabará afectando a Carmela.
Nestes tempos está moi exstendida a idea de que a calidade de vida de alguén
depende da posesión. Se alguén ten 3 mobiles é que vive mellor que alguén que
ten 2 mobiles. Non só depende na cantidade, senon tamén a marca. Non é o
mismo ter un IPhone que ter un Huawei (aiínda que de prestacións sexan similares).
Nestes días, o nome dalgo, se implica status dalgún tipo, pode valer máis que
o producto que ofrece. Pero, por suposto, os donos de ditas marcas fabrican en
calqueira lugar menos no país,. É dicir, os donos firman contratos con fábricas taiwanesas,
thailandesas ou chinas, non dan traballo a obreiros norteamericanos ou europeos (esos son
máis caros). E ese abaratamento de costes, de dudosa ética, son as que as manteñen
con vida. Por outra parte, están despois as fabricas marcas da terra, como podene
ser a lalinesa Toypes, (malia non ser) con fábrica en Galicia tamén. A súa calidade
e similar (ou mellor) que a de moitas marcas famosas internacionalmente, pero ó ter
a fabrica en Galicia implica salarios prezos maiores á da fábrica china., o que fai
que a xente merque menos. E, as a súa vez, eisto fai que a fábrica se vexa
forzada a presentar un ERE, perxudicando ós traballadores.
En conclusión, entendo que non é o mesmo unha diferenza 5 euros que 10. Pero sí que os
impulsaría a ver a orixe do producto. Non é o mesmo tampouco pagar 10€
por un producto fabricado na terra que outro "made in China", sexa da marca
que sexa.