GALEGO | ENGLISH | ESPAÑOL

CORT_0327

ABAU/2016-2017/CD08/xuño/47

Comisión Delegada08
Convocatoria de exameXuño
TemaConsumo e produción

Javascript parece apagado ou hai un erro de comunicación. Acende Javascript para máis opcións de visualización

O consumismo consiste na compra masiva de produtos, na que unicamente se busca o menosr prezo posible sen ter en conta as posibles consecuencias negativas sobre a nosa sociedade. O excesivo consumo provoca as peores situacións tanto fomentando a pobreza e os baixos salarios noutros países, como o aumento da contaminación

O aumento do consumo masivo no mundo occidental, especialmente a partir dos anos 50 está a provocar o fin de moitos dos nosos recursos actuais, xa que o aumento excesivo da produción aumenta o efecto invernadoiro , coas consecuencias negativas sobre o planeta e a saúde humana.

Ademais o consumo excesivo de roupa, no que se buscan os prezos mínimos, é o verdadeiro culpable, tanto do fin do pequenas tendas de roupa locais, que pecharon porque non poden competir, como tamén é o culpable da explotación que sofren millóns de persoas no terceiro mundo. Outro exemplo é o do mercado agrícola, moi perxudicado polas grandes compañías.

Sen embargo, a pesar de que considero como algo negativo o consumismo, o certo é que os prezos das grandes compañías, tanto de supermercados como de grandes empresas textiles, son os únicos que a meirande parte da poboación pode chegar a pagar, dada a nosa situación de crise e os altos prezos doutras empresas.

Como conclusión, na miña opinión, é necesario o freo freno inmediato do noso modo de vida consumista, xa que os recentes estudos científicos demostran que se seguimos neste sistema de produción, o efecto invernadoiro aumentara cada vez máis, e ademais temos que ter en conta sempre as condicións nas que se produce, antes de mercar calquera produto. O que necesitamos é, en definitiva, que todos sexamos consumidores responsables


Lenda:

Lectura difícilTexto borrado Texto engadido


Descargar vista actual como txtAnotación multipalabra