O proceso de produción e consumición están intimamente ligados. Somos dende
que nacemos consumidores, mentres que soamente temos a capacidade de producir
unha pequena parte da nosa vida. A regra instaurada na sociedade fai referencia ao
desexo de obter sempre o máximo beneficio.
Na sociedade actual, a produción de bens e servizos e a consumición dos mesmos, é
garantizadora da nosa economía e mantén o noso sistema. A meirande parte dos
traballos, están orientados a producir, e os mesmos que traballan son os que
consomen o que os outros traballan. Esta relación, que mesmo semella un
trabalinguas está presente no noso día a día.
O sistema de prezos está rexido porla política da oferta e a demanda e e
leva condiciona a as co condicións de vida dos que estan involucrados no rexime.
A idea actual de consumismo do que tanto se fala, está sempre condiciona
pola capacidade adquisitiva de cadaquén e polo seu isnterese.
Aínda que este sistema semella equilibrado na teoría, na práctica deixa de
selo en mais dunha ocasión. O chamativo dos anuncios e ofertas pasa por riba
das nosas capacidades e aínda sendo conscientes, seguimos mercando.
E diremos, quenes son os culpables? o certo, é que o máis axeitado semella
ser culpar a aqueles que mercan sen percatarse da irresponsabilidade das
súas accións, máis na vida real non somos máis que títeres. A actitude
fráxil de seguir a un líder estase materializando e as grandes
compañías e multinacionais non fan que máis que mover fíos e facer
real aquela típica pregunta de "se todos se tiran por unha ponte, vas detrás?".
Deixar a un lado as tendencias e as modas semella tarefa mais que imposibel
nos tempos que corren. Ao sometermonos a estándares e cánones, estamos "obrigados"
a cumprir unha serie de regras non escritas, baseadas en ter a roupa de última
temporada ou a última videoconsola.
Penso que, a malia ser positivo tentar disfrutar e adquirir aquilo que nos
gusta, non debemos renunciar á crúa realidade e pensar, non só se ese xoguete
ou ese móvil está dentro das nosas capacidades adquisitivas, senón se realmente
o precisamos e se realmente hai cousas de maior importancia.