GALEGO | ENGLISH | ESPAÑOL

CORT_0819

ABAU/2016-2017/CD23/xuño/14

Comisión Delegada23
Convocatoria de exameXuño
TemaConsumo e produción

Javascript parece apagado ou hai un erro de comunicación. Acende Javascript para máis opcións de visualización

O consumismo moi presente nos nosos días é tema principal do texto de J. Luís Sucasas no que nos mostra que unicamente producimos media vida pero xa consumimos dende o berce (roupa, xoguetes, comida) ata o momento da nosa morte (pagar o funeral, o ataude, etc.)

Por unha banda temos o consumismo, como ben foi aclarado, consumimos dende que nacemos, de pequenos buscamos que os nosos pais nos merquen o mellor xoguete do mercado , cando imos crecendo queremos mercar roupa para "ir a moda" o gran invento do consumismo, todos os adolescentes queremos mercar os zapatos que se levan, a saia de nova temporada, a cazadora que teñen máis de dez persoas e acabamos todos vestindo o mesmo ata chegar o punto de parecer rapaces co uniforme do colexio, e como no caso da roupa noutros productos como pode ser a telefonía, todo o mundo quere ter un Iphone. Isto fai que as grandes empresas marchen ao extranseiro para obter máis productividade a menor prezo a man de obra.

Na outra banda está a produtividade dende que entramos na escola xa pensando no servizo que imos prestar no futuro para podernos costear o noso consumo. As empresas que producen e venden no mesmo país vense nunha mala situación dado que estes si pagan un soldo digno aos seus traballadores e polo tanto os seus produtos costan máis frente aos que producen no extranseiro e pagan moito menos e nunhas condicións inumanas para sacar maior beneficio.

Polo que a igualdade entre produtividade e consumo está nas nosas mans xa que non deberiamos mercar nas tendas onde se explota as persoas para obter o produto.


Lenda:

Lectura difícilTexto borrado Texto engadido


Descargar vista actual como txtAnotación multipalabra