GALEGO | ENGLISH | ESPAÑOL

CORT_0102

ABAU/2016-2017/CD04/xuño/04

Ano de redacción2017
Curso2º de Bacharelato
Comisión Delegada04
Convocatoria de exameXuño
XéneroArgumentativo
MateriaLingua e literatura galegas
TemaA gastronomía
Número de palabras283
Número de lemas128
Densidade léxica45
Número de enunciados11
Media de palabras por enunciado25.73
Número de palabras do enunciado máis longo38
Número de palabras do enunciado máis curto13
Número de parágrafos1
Media de enunciados por parágrafo11

Javascript parece apagado ou hai un erro de comunicación. Acende Javascript para máis opcións de visualización

Do mesmo xeito que as vestimentas, a música e a literatura , a cociña constitúe outro ámbito no que o paso do tempo foi introducindo novos cambios e novas maneiras de interpretala. Parece claro que as orixes desta alta cociña gastronómica atópanse nunha forte mellora no estilo de vida, ou polo menos dalgúns. Se retrocedemos unhas cantas décadas, á España franquista, un anaco de pan era máis que suficiente para o almorzo de moitos: eran anos de carestía e racionamento. Non obstante a mellora da calidade de vida en xeral das clases medias, e por suposto, a globalización, provocaron o achegamento da cociña galega a outras moitas no ámbito mundial. Así, son cada vez máis os restaurantes que se incorporan a esta nova moda. Moitos destes seguen a servir comidas clásicas galegas como as mencionadas no texto, aínda que en menor cantidade e sempre dun xeito renovador, como se fosen novas comidas. Non obstante, ben é certo que cada vez son máis os establecementos que serven comidas de todos os rincóns do mundo. E por suposto, cada vez son máis os clientes deste tipo de restaurantes. E a pregunta a facérmonos sería: por que tendo produtos tan bos da nosa terra, como o polbo ou os grelos, hai unha gran cantidade de persoas que prefiren consumir alimentos tipicamente estranxeiros? O máis seguro é que esta moda sexa froito da globalización da que estamos a ser partícipes: os medios de comunicación son a principal vía destas modas. Que este estilo de vida se manteña ao longo do tempo xa é máis discutible, pero o que está claro é que de seguires así a economía, este tipo de modas quedarán olvidadas e regresarán os produtos nacionais.


Lenda:

Lectura difícilTexto borrado Texto engadido


Descargar vista actual como txt