CORT_0213
ABAU/2016-2017/CD06/xuño/24
Ano de redacción | 2017 |
Curso | 2º de Bacharelato |
Comisión Delegada | 06 |
Convocatoria de exame | Xuño |
Xénero | Argumentativo |
Materia | Lingua e literatura galegas |
Tema | Consumo e produción |
Número de palabras | 198 |
Número de lemas | 99 |
Densidade léxica | 50 |
Número de enunciados | 8 |
Media de palabras por enunciado | 24.75 |
Número de palabras do enunciado máis longo | 42 |
Número de palabras do enunciado máis curto | 12 |
Número de parágrafos | 5 |
Media de enunciados por parágrafo | 1.60 |
Opcións de visualización
Texto:
Mostrar:
Anotación:
Javascript parece apagado ou hai un erro de comunicación. Acende Javascript para máis opcións de visualización
De entrada, o concepto de produción e consumo
pode parecer sinxelo, a produción debe superar
ao consumo, pero non excesivamente, para evitar
o desperdicio de materias primas e traballo.
Pero o sistema no que vivimos engade unha
importante cantidade de complexidades á economía.
Unha delas é a plantexada neste texto,
pola cal a produción precisa do consumo
cna mesma medida que o consumo da
produción.
O dilema da xestión de consumo e produción
foi o que levou, entre outras cousas, á
creación do grande abanico de sistemas económicos
existentes, pero polo xeral divídense en
esquerdas e dereitas, malia á dificultade á hora
de clasificar algúns en particular.
As propostas da dereita tenden a conceder maior
liberdade ao sector privado, o que permite unha maior liberdade económica, pero xera desigualdade
entre distintos grupos de xente.
Pola contra, as propostas de esquerda reducen as
diferenzas entre ricos e pobres, mediante unha
maior intervención do estado na economía, que
reduce a liberdade económica.
O caso plantexado no texto é consecuencia da
aplicación de politicas liberais. O ciclo descrito,
de non intervir o estado, levaría a baixada
dos prezos pero tamén do poder adquisitivo dos
traballadores, aumentando a desigualdade destes
cos empresarios.
Lenda: | Lectura difícil • Texto borrado • Texto engadido |
Descargar vista actual como txt