CORT_0443
ABAU/2016-2017/CD12/xuño/18
Ano de redacción | 2017 |
Curso | 2º de Bacharelato |
Comisión Delegada | 12 |
Convocatoria de exame | Xuño |
Xénero | Argumentativo |
Materia | Lingua e literatura galegas |
Tema | Consumo e produción
|
Número de palabras | 238 |
Número de lemas | 124 |
Densidade léxica | 52 |
Número de enunciados | 15 |
Media de palabras por enunciado | 15.87 |
Número de palabras do enunciado máis longo | 33 |
Número de palabras do enunciado máis curto | 7 |
Número de parágrafos | 4 |
Media de enunciados por parágrafo | 3.75 |
Opcións de visualización
Texto:
Mostrar:
Anotación:
Javascript parece apagado ou hai un erro de comunicación. Acende Javascript para máis opcións de visualización
No día a día dunha persoa tanto o consumismo como a
produtividade son importantes. Son dous antónimos complementarios,
que quere dicir isto? Pois que para que merquemos un produto,
é dicir, o consumamos, ten que haber un previo proceso de pro
dución.
No proceso de produción dunha prenda de roupa ou dun
alimento póñense en práctica os coñecementos que se teñen. Todo
parece moi sinxelo: o dono dunha fábrica contrata a alguén
para que desenvolva o seu traballo a cambio dun soldo.
A realidade é outra, grandes multinacionais explotan a nenos
e a mulleres para a fabricación de produtos a cambio dunhas
miseras compensacións. Mulleres que son violadas, maltratadas,
nenos que traballan todo o día... Nos medios de comunicación
aparecen e publícanse casos coma estes todos os días. Debería
de haber un control máis serio e castigos máis estrictos.
Por outro lado, cada un de nos debería impulsar máis
a compra de produtos da terra. Desta forma o diñeiro
recaerá na nosa economía e polo tanto en beneficio noso.
Temos que consumir si, pero sen abusar. Alimentos para o
día a dia, roupa e todos aqueles produtos de primeira necesidade.
Porén o sobreconsumo, ese diñeiro que moitas veces empregamos
para comprar un pantalón por simple gusto debería de estar
destinado cara outros sectores, organizacións por exemplo destina
das á a solucionar a pobreza en África.
En conclusión, todo está ben feito na súa xusta medida,
producir e comprar tendo uns límites.
Lenda: | Lectura difícil • Texto borrado • Texto engadido |
Descargar vista actual como txt