GALEGO | ENGLISH | ESPAÑOL

CORT_0757

ABAU/2016-2017/CD21/xuño/48

Ano de redacción2017
Curso2º de Bacharelato
Comisión Delegada21
Convocatoria de exameXuño
XéneroArgumentativo
MateriaLingua e literatura galegas
TemaConsumo e produción
Número de palabras186
Número de lemas87
Densidade léxica47
Número de enunciados7
Media de palabras por enunciado26.57
Número de palabras do enunciado máis longo39
Número de palabras do enunciado máis curto13
Número de parágrafos5
Media de enunciados por parágrafo1.40

Javascript parece apagado ou hai un erro de comunicación. Acende Javascript para máis opcións de visualización

Na actualidade a productividade e o consumismo están moi presentes nas nosas vidas.

Na miña opinión, actualmente todo xira en torno a produtividade, é dicir, se hoxe en día os seres humanos non producísemos, non poderíamos sobrevivir, non seríamos capaces de alimentarnos por exemplo. Polo tanto, isto ven ligado ao consumismo, toda produción implica consumismo, alguén que produce algo, posteriormente vai consumir algo, é unha cadea. Polo tanto, tanto a importancia produción como o consumismo teñen gran importancia na actualidade.

En parte, penso que estamos demasiado ligados á produción e ao consumismo, xa que se nalgún caso, algún día temos que deixar de producir e como consecuencia de consumir, a supervivencia sería todo un logro para os seres humanos.

Ademais para poder consumir, todo o mundo ten que ter un traballo e coa crise isto non sucede, sen un traballo non se consume e se non se consume pouco a pouco hai que ir deixando de producir.

Para rematar, hai que recalcar na que debemos "manter viva" sempre a produción e con ela o consumismo, para chear encher de satisfacción a nosa vida, aínda que as veces traia desgrazas.


Lenda:

Lectura difícilTexto borrado Texto engadido


Descargar vista actual como txt