GALEGO | ENGLISH | ESPAÑOL

CORT_0867

ABAU/2016-2017/CD24/xuño/15

Ano de redacción2017
Curso2º de Bacharelato
Comisión Delegada24
Convocatoria de exameXuño
XéneroArgumentativo
MateriaLingua e literatura galegas
TemaA gastronomía
Número de palabras180
Número de lemas102
Densidade léxica56
Número de enunciados8
Media de palabras por enunciado22.50
Número de palabras do enunciado máis longo35
Número de palabras do enunciado máis curto14
Número de parágrafos2
Media de enunciados por parágrafo4

Javascript parece apagado ou hai un erro de comunicación. Acende Javascript para máis opcións de visualización

Na actualidade, a gastronomía está a dar un xiro de 180º e con iso as tradicións e formas alimentarias que durante moitas xeracións estiveron vixentes están a caer. Deste xeito a calidade e a cantidade van agora á inversa, xa que cando dende sempre o mellor restaurante era no que se pagaba pouco e se comía ate fartar,. Hoxe en día a gastronomía estase a convertir nunha arte e a boa mesa de agora básase nunhas racións máis reducidas pero máis elaboradas.

Porén, o que antes tiña de atractivo un asador ou un furancho, teno agora un gastrobar ou unha gastroteca. Por todas estas razóns a hostelería está a profesionalizarse e xa non vale calquera. As escolas de hostelería están a ter un auxe tremendo e un recoñecemento popular moi grande. Ao meu parecer a comida que é unha arte e un luxo en moitos dos casos, pero nalguns casos estamos a caer na ridiculez, presentando pratos onde hai que remexer pra encontrar a comida. Seamos coeerentes e ofertemos de todo, para que o consumidor elixa, non llo impoñamos.


Lenda:

Lectura difícilTexto borrado Texto engadido


Descargar vista actual como txtAnotación multipalabra