O consumismo e a produtividade dominan a nosa vida. Atopámonos
con anuncios de coches, televisións, roupa... por todos os lados (rúas, paradas de
bus, autoestradas, internet). A nosa sociedade está orientada cara a compra
compulsiva de cousas que na meirande parte dos casos non precisamos.
E o que é peor, canto máis barato sexa , máis entra polo ollo, sen
importar de onde veña e as condicións laborais dos que o fixeron.
A nosa sociedade basease en comprar, tirar e volver comprar, nun consumis
mo exacerbado. É importante tamén a involucración dos medios de comunicación
nos nosos hábitos de consumo., a través, sobre todo, da publicidade.
Somos incitados continuamente a estar mercando, especialmente coa
roupa. Por exemplo, unha camiseta de hai dúas tempadas xa está vella,
independentemente do seu estado, e polo tanto hai que mercar outra.
Tamén é preciso que o nivel de consumo na nosa sociedade
ten unhas terribéis consecuencias no medio ambiente (fume das fábricas,
tintes das roupas...).
Por outra banda, a produtividade tamén é algo esencial nas nosas
vidas. No traballo, na escola... dísenos que hai que ser produtivos.
Tamén di eso a Unión Europea e mais o fon Fondo Monetario Inter
nacional. A cousa é producir o máximo co custo mínimo. O resto,
ás veces, parece que da igual.
En definitiva, como consecuencia de vivir nunha economía capitalista
cada vez máis salvaxe, a nosa vida cada vez está máis dominada
polo consumismo e pola produtividade.