Actualmente, na nosa vida e no modo de vida é practicamente
tanto a producción coma o consumo unha
Actualmente, vivimos nunha sociedade na que tanto a produción coma
o consumo son pezas totalmente indispensables. É practicamente
imposible plantearnos o peche de Inditex, Mercadona ou do Corte Inglés,
por exemplo. ¿Qué sería de nós se iso ocurrise?. Desde o meu parecer, e isto
é de todo menos favorable, bo, expléndido... Pois estamos a levar a cabo
un modo de vida no cal canto máis temos, máis queremos. Isto sucede
incluso cando xa non nos podemos permitir máis, pois para iso está
o pago a plazos de calqueira cousa.
Os modos de vida cambiaron a unha velocidade suprema, pois iso
de "eu son feliz con pouco" eu o de producir nós mesmos algúns alimentos,
roupa, agasallos... xa non vale. Así pois, non se minte ao dicir que
un "detalliño" pode custarche ata 50 euros como mínimo, pois os agasallos
feitos á man xa "non se levan" ou incluso, dependendo da persoa, pode
chegar a poñerche mala cara.
O máis raro é que quizais pais que viron cómo os seus propios pais
vivían felices con pouco e incluso puido faltarlle de todo, a día de
hoxe crían aos seus fillos baixo o capitalismo puro e duro; os nenos son
bombardeados con agasallos, desexos, obxectos inútiles, todo canto piden...
As novas tecnoloxías e as modernidades están a acabar con nós; e non,
non o está a facer pouco a pouco.