GALEGO | ENGLISH | ESPAÑOL

CORT_0458

ABAU/2016-2017/CD12/xuño/33

Comisión Delegada12
Convocatoria de exameXuño
TemaConsumo e produción

Javascript parece apagado ou hai un erro de comunicación. Acende Javascript para máis opcións de visualización

Hoxe en día, produción e costumismo están á orde do día, e ademais, un é dependente do outro, xa que para producir hai que consumir e para consumir é necesario producir. Visto así, poderíamos dicir que é un ciclo pechado, que se un non existe, o outro tampouco.

Aínda que ambas accións son difíciles de percibir se non nos fixamos con detemento, xa que, como dixen, é algo totalmente habitual, o consumismo é o máis agochado para o noso consciente. Consumimos constantemente, e diría que na maioría de veces, é un consumo innecesario. Xa non se consome soamente o indispensable, en parte porque a produción tamén aumentou desde fai uns anos.

Por exemplo, a roupa. Imaxinemos que dúas empresas distintas fan o mesmo xersei, pero un é máis barato ca o outro cando sae ao mercado. Se usamos o sentido común, compraríamos o máis barato, posto que son iguais, mais se o que queremos é permitirnos un "caprichiño", escolleríamos o máis caro, aínda sabendo no noso subconsciente que a diferenza entre os dous é nula. Consumo e produción fan referencia tamén ao proceso da globalización, posto que hoxe en día podemos mercar en Galicia un produto alemá, por exemplo.

Sen embargo, isto da necesidade de consumo e produción pode verse tamén como unha ferramenta do goberno, que nos manexa a través da publicidade tanto para consumir como para producir.


Lenda:

Lectura difícilTexto borrado Texto engadido


Descargar vista actual como txt