GALEGO | ENGLISH | ESPAÑOL

CORT_0986

ABAU/2016-2017/CD23/setembro/02

Comisión Delegada23
Convocatoria de exameSetembro
TemaOs referentes da mocidade

Javascript parece apagado ou hai un erro de comunicación. Acende Javascript para máis opcións de visualización

A sociedade A nosa propia natureza como seres humáns e a educación que recibimos acuostúmanos dende novos a buscar referentes a imitar, modelos a seguir, ao mesmo xeito que de bebés aprendemos a valernos por nós mesmos.

Así, no mundo actual, terriblemente influenciado polos medios de comunicación e as redes sociais, os nosos modelos de conducta na mocidade proporciónansenos "en serie": seguindo un canon que, ademais perpetúa na gran maioría dos casos os tóxicos roles de xénero tradicionais.

Pero isto non é algo que debamos recriminar aos menores, senón as familias que mercan balóns aos nenos e xogos de maquillaxe ás nenas, ensinándolles indirectamente que o importante é a apariencia física.

Ademais, estes oficios pouco relacionados coa intelixencia que atraen aos cativos poden relacionarse coa crise económica: o aumento da pobreza infantil fai que dende cativos moitos nenos e nenas aspiren simplemente a ser máis ricos, pois en momentos de debilidade económica e o diñeiro o que se asocia coa felicidade.

En conclusión, é tarefa e responsabilidade de todos revertir esta situación, educando ós nosos fillos con sensibilidade e en igualdade, apoiando ademáis iniciativas que acerquen a educación a todas as clases sociais e non a convirtan nun luxo ao alcance de poucos.


Lenda:

Lectura difícilTexto borrado Texto engadido


Descargar vista actual como txt