GALEGO | ENGLISH | ESPAÑOL

CORT_0081

ABAU/2016-2017/CD03/xuño/25

Comisión Delegada03
Convocatoria de exameXuño
TemaConsumo e produción

Javascript parece apagado ou hai un erro de comunicación. Acende Javascript para máis opcións de visualización

A sociedade na que vivimos é unha sociedade inmensamente consumista. As persoas vivimos para consumir, en lugar de consumir para vivir, como debería ser o caso. E deste xeito malgastamos gran parte do noso tempo e do noso diñeiro en produtos ou actividades que en verdade non requerimos para sobrevivir, pero para sentirnos satisfeitos con nos mesmos e facer a vida máis amena.

De feito moitas persoas levan este consumismo ao extremo, convertindo nunha adición. Un exemplo vémolo nesa xente que cada vez que vai a unha tenda ten que mercar algo para sentirse ben. Outro exemplo deste consumismo excesivo serían as persoas que siguen unha "moda" e compran todas as pezas de roupa, ou zapatos ou calquera outro produto simplemente porque os fan os demais.

Aínda que esto non ocorre con todas as persoas, a un nivel tan esaxerado, todos somos consumistas. Un dos momentos no que máis o demostramos é no Nadal, cando mercamos centos de xoguetes que non nos fan falla e que en pouco tempo quedarán obsoletos.

Este consumismo está directamente ligado á produción. As empresas tamén producen máis do necesario, empregando moitas materias primas e outros elementos, e finalmente moitos destes produtos son tirados ao lixo. En este proceso prodúcese unha perda enorme de cartos innecesaria. Un exemplo moi claro vémolo nos restaurantes que mercan moita comida que non precisan e ao final tírana ao lixo, porque non chegan a consumir unha cantidade tan grande.

Consumismo e produción son dous trazos moi característicos da nosa sociedade.


Lenda:

Lectura difícilTexto borrado Texto engadido


Descargar vista actual como txt