GALEGO | ENGLISH | ESPAÑOL

CORT_0087

ABAU/2016-2017/CD03/xuño/31

Comisión Delegada03
Convocatoria de exameXuño
TemaConsumo e produción

Javascript parece apagado ou hai un erro de comunicación. Acende Javascript para máis opcións de visualización

Actualmente a meirande parte do mundo ten implantado un sistema capitalista. Isto é, baseado no capital (diñeiro, bens de...) para a obtención de calquer servizo, ben de consumo, etc. E parece que funciona, pois xa van anos con el e non decaeu máis alá das crises que estalan cada certo tempo.

O problema non é o sistema en mesmo, que lonxe da opinión persoal, parece funcionar bastante ben, ou mellor ca os anteriores. O problema ven de que capitalismo e ética parecen ser formas enfrontadas. A xente de a precisa de traballo para poder vivir e sustentar a súa familia no caso de tela, e hai máis persoas que traballo por facer. Se sumamos estas dúas cousas, obtemos a oportunidade perfecta para que o empresario, que baseándose nos ideais capitalistas, busca o máximo beneficio, oferte o traballo a quen esté disposto a facelo supoñéndolle o menor coste á empresa.

A única maneira de cambialo, presupoñendo que o sistema en si é intocable (que a diferencia do que moitos cren, non o é) e dándolle a volta ao asunto, e deixando sen traballadores ao empresario. Deste xeito non hai beneficio, e xa se veria o que tardan en mellorar as condicións laborais.

Pero claro, non vale con que o fagan un, nin dous, nin vinte. É moita a xente que habería que movilizar. E como se di no texto, "tal e como están as cousas", quen e o valente que se xoga o posto de traballo polos seus dereitos? Ninguén, "máis vale paxaro na man que cento vola voando", xa o di o refraneiro. Mellor é seiscentos euros ao mes por 10 horas de traballo, das que non contrato constan 8, máis retencións, impostos, e un longo etcétera, que ter a conta bancaria a cero.

Deste xeito vólvese a demostar que a codicia e o egoísmo destrúe ao ser humano, que non se preocupa por ninguén máis que por si mesmo, e como moito aparece a palabra "ética" ou "moral" para lavarlle a cara á empresa e obter máis ventas, para nada máis.


Lenda:

Lectura difícilTexto borrado Texto engadido


Descargar vista actual como txt