Na actualidade onde apenas existen barreiras entre países debido ao rápido desenvolvemento da tecnoloxía e dos medios de comunicación podese coñecer a cultura gastronóomiíca dun país a golpe de click ou mesmo traer esa gastronomía ao propio país abrindo un restaurante especializado nese tipo de comida, isto fai que a súa popularidade aumente.
Esta expansión da cultura mundial é debida as ganas de coñecemento e de provar cousas novas sen saír da propia cidade. Pode parecer que este cambio é pasaxeiro, xa que ao sobreexplotar unha determinada cultura gastronómica pode provocar o aborrecemento da mesma, o que finalizaría co peche de moitos locais dese tipo de comida. Ademáis coa recuperación económica en camiño e progresando día a día, permite que as persoas, ao ter maiores ingresos, poidan viaxar a determinados lugares e probar a comida de forma autóctona sen necesidade de pagar máis por, nalgúns casos, menos calidade. Por isto podese dicir que en determinada comida existiría un cambio cultural duradeiro debido a distancia que hai que percorrer para ese destino ou á preferencia desa comida con respecto a propia. Ademáis este cambio podería afianzarse debido a entrada de emigrantes, que ao importar e levar consigo a cultura e os sabores da súa terra, os convirten nun negocio.
Este aumento e entrada de novas gastronomías que amplían a oferta á hora de comer xeran maior variedades e opcións, pero non hai que esquecer a propia gastronomía.