GALEGO | ENGLISH | ESPAÑOL

ABAU/2016-2017/CD02/xuño/09

Anotación multipalabra

?

Anotacións

Annotation of multi-token units.

Penso que o factor máis importante é a terciarización da sociedade, xa que actualmente o sector terciario é o que máis postos de traballo da e no que máis personas hai traballando. O apartado gastronómico e cociña son dos que máis demanda hai, e debido á mala situación económica do país actualmente, é o que máis se estuda para ter máis posibilidade de traballar. Outro factor pode ser que, no caso de traballar nese ámbito, este recolle infinidade de posibilidades e opcións, xa que cada cultura ten unha gastronomía propia.

E Por outra parte, o feito de estudar iso non significa que vaias ser cociñeiro, xa que podes chegar a ser crítico gastronómico (como o do texto) ou inventar algún tipo de negocio do que poidas sacar proveito do que estudaches (por exemplo, unha casa rural)

Tamén pode ser un factor de moda, xa que como dixen, este tipo de especialidade pode abarcar infinidade de ámbitos, polo que un deles pode poñerse de moda, e que negocios comecen a preparar ese tipo (e se ti te especializas nel, cabe a posibilidade de que chegues a traballar alí), e así sucesivamente ata que chegue unha moda nova.


Vista de texto